
A participación da muller na vida cultural increméntase día a día. Cada vez son máis as actividades culturais realizadas ou protagonizadas por mulleres e ano tras ano máis escritoras, artistas plásticas, intérpretes, actrices, bailarinas, investigadoras*obteñen importantes premios no campo da cultura.
Con este sitio web dedicado á muller, o Ministerio de Cultura quere facerse eco dos importantes logros que elas alcanzaron no terreo cultural, dar a coñecer as súas actividades e ofrecer información sobre diversas materias do seu interese.
Esta importancia crecente da muller na cultura ten o seu reflexo na programación de actividades deste Ministerio, nas súas publicacións e nos premios que outorga. Ademais, nos últimos anos centos de mulleres especializáronse en materias e industrias culturais coas bolsas do Ministerio de Cultura.
Neste espazo reflíctense tamén as actividades que o Ministerio realiza para celebrar o Día Internacional das Mulleres. Dende a súa participación especial no Festival Elas Crean, que chega no ano 2009 á súa quinta edición, e forma parte dos actos conmemorativos do Ano Europeo da Creatividade e a Innovación, ata os diversos actos que organiza nas súas sedes para divulgar o importante papel da muller en todos os ámbitos da cultura.
© Ministerio de Cultura