Lista de
Patrimonio Europeo

O Real Mosteiro de San Jerónimo de Yuste

O Real Mosteiro de San Jerónimo de Yuste

 

Trátase dun Mosteiro con orixes centenarias, que reúne multitude de circunstancias históricas dende o seu nacemento, como a estancia de Carlos V ou a instalación nel da orde dos Xerónimos.

O Mosteiro de Yuste é o único sitio real que, despois da desaparición do Palacio dos Reis Católicos en Guadalupe, se pode cualificar de "edificio singular" en España. Conta cun rico patrimonio cultural de primeira orde e foi testemuño dos avatares da Historia de España e de Europa.

Nel coinciden varios feitos relacionados coa súa vocación europea. En primeiro lugar, a figura de Carlos V que serve de referencia para entender parte da nosa historia común e o sentimento de espiritualidade que vai aparellado a unha forma de ver o mundo. Despois de catrocentos anos, esa esencia segue en Yuste intacta, e construíronse a teor dunha serie de avances, como a CECA, o Tratado de Roma, a Comunidade Económica Europea e a Unión Europea. Todo un torrente de respostas que veñen a responder ao soño de Europa que Carlos V tivo ao abdicar.

En segundo lugar, a Orde Xerónima, que tivo a súa Curia Xeneralícea no Mosteiro de San Jerónimo de Yuste. A vida dun monxe xerónimo é a vida da oración, silencio e traballo. Trátase dunha vida monástica que, en resumidas contas, é unha síntese da vida cartuxa, trapense e beneditina, conceptos enraizados na cultura europea dende a Idade Media. A conxunción de todo, sumado á idea Agostiña e ao coñecemento que percorreu o Continente, dende Xerusalén e Constantinopla ata a Península Ibérica.

En terceiro lugar, a situación da Academia Europea de Yuste que determinou un relanzamento da Europa cultural, da Europa Social, da identidade e diversidade da Europa contemporánea, da Europa dos cidadáns, fundamentalmente a través das súas actividades e da súa proxección co Premio Europeo Carlos V.

En resumo, pódese dicir que Yuste, o Emperador Carlos e Europa forman un mesmo feito que resume perfectamente os avatares da historia continental.



Icono de conformidad con el Nivel Doble-A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI. Este enlace abre una ventana nueva

© Ministerio de Cultura