Boletín de Arquivos Estatais
Numero 24 - 2007

Portada

PARES. Portal de Arquivos Españois

Pantalla entrada PARES
Centro da memoria

O pasado 10 de maio de 2007 no Salón de Actos do Ministerio de Cultura, Carmen Calvo, Ministra de Cultura, presentou o proxecto PARES aos medios de comunicación.
Pares constitúe un punto de chegada dentro do programa de difusión das institucións culturais estatais do Ministerio de Cultura que cumpre coa finalidade de trasladar ao conxunto da sociedade un acceso libre, sempre respectando as restricións previstas pola lexislación vixente, da documentación conservada nos arquivos de titularidade estatal a través dun portal en Internet que permite a consulta inmediata, sinxela e con dispoñibilidade as 24 horas do día. Entre as súas vantaxes contan as seguintes: evita os desprazamentos aos diversos centros e permite agrupar tematicamente os interrogantes de cidadáns e investigadores obtendo respostas de todos os centros que envorcaron información na plataforma, co que se rompen dunha vez as barreiras espazo-temporais. Pares convértese así no referente a nivel internacional da posta en valor do patrimonio documental.
É unha plataforma avanzada que unifica xestión de centros e difusión do Patrimonio Histórico Documental, coa vocación de se converter na ferramenta cotiá para todos os arquivos españois. No momento do seu lanzamento en Internet contaba xa cun total de 19.179.642 imaxes dixitalizadas e con 1.714.898 de documentos descritos, datos que están a actualizarse constantemente.
A toda esta iniciativa, Pares ofrece tamén a posibilidade de acceder a tres proxectos de grande interese cultural e social: 1. Deportados españois a campos de concentración nazis (8.705 rexistros). 2. Respostas xerais do Catastro de Ensenada (13.118 rexistros con 100.000 imaxes). 3. Carteis da Guerra Civil (2.293 carteis).


http://pares.mcu.es/

Centro Documental da Memoria Histórica

O Centro documental da Memoria Histórica cuxa creación se anunciou xa na Lei 21/2005 do 17 de novembro, materializouse coa publicación do correspondente Real Decreto 697/2007 do primeiro de xuño polo que se desenvolve a formación e actividade do Centro Documental da Memoria Histórica:
Entre as funcións que se lle atribúen convén resaltar as seguintes:
-Recuperar, reunir, organizar, conservar e poñer a disposición dos cidadáns e, en particular, dos interesados, os fondos documentais e as fontes secundarias que poidan resultar de interese para o estudo da Guerra Civil, a Ditadura franquista, a resistencia guerrilleira contra ela, o exilio, o internamento de españois en campos de concentración durante a Segunda Guerra Mundial e a transición.
-Fomentar a investigación histórica sobre a Guerra Civil, o franquismo, o exilio e a transición, e contribuír á difusión dos seus resultados.
-Asesorar e cooperar na localización de información para a reparación da memoria e axuda ás vítimas da represión.

A adquisición de fondos documentais iniciouse con éxito e permitiu recuperar materiais procedentes de Europa, como por exemplo os debuxos de Heinz Raebiger, fotografías de Eric Andrés, a documentación da Federación Española de Deportados e Internados Políticos con sede en París, o arquivo de D. Amadeo Calzada (Tolosa), a colaboración co Centre d’Études et Documentation des Guerres Contemporaines (CEGESOMA), l’Institut d’Histoire Social (AMSAB) e a Asociación de Nenos da Guerra de Bélxica, a documentación da BBC Radio 4 de Gran Bretaña, tamén con Iberoamérica, con quen se mantén unha colaboración fluída, América do Norte, coa doazón do legado de D. Jesús López Pacheco conservado en Canadá e a relación iniciada con organizacións internacionais tales como a Cruz Vermella, a Organización Internacional do Traballo, Organización Mundial da Saúde, a Sociedade de Nacións, que deu como froito a dixitalización de documentación relevante para a sociedade española.

  • Edita:© Ministerio de Cultura.
    Secretaría Xeral Técnica
    Subdirección Xeral
    de Publicacións, Información e Documentación
    NIPO: 551-07-126-2


Icono de conformidad con el Nivel Doble-A del W3C-WAI. Se abre en ventana nueva Titulares RSS disponibles

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte