Logo del Consejo de Cooperación Bibliotecaria

Consejo de Cooperación Bibliotecaria

Comisións Técnicas de Cooperación do Consello de Cooperación Bibliotecaria

Segundo establece o artigo 5 do capítulo II do Regulamento do Consello de Cooperación Bibliotecaria, o Consello de Cooperación Bibliotecaria funciona, ademais de en Pleno e en Comisión Permanente, en comisións técnicas de cooperación. Son cinco e corresponden a diferentes tipos de bibliotecas:

  • Comisión Técnica de Cooperación da Biblioteca Nacional de España e das Bibliotecas Nacionais e Rexionais das Comunidades Autónomas
  • Comisión Técnica de Cooperación de Bibliotecas Públicas
  • Comisión Técnica de Cooperación de Bibliotecas Escolares
  • Comisión Técnica de Cooperación de Bibliotecas Universitarias
  • Comisión Técnica de Cooperación de Bibliotecas Especializadas

Funcións:

  • Coordinar iniciativas e propoñer liñas de traballo entre as diferentes administracións e institucións relacionadas coa tipoloxía de bibliotecas á que se refire cada comisión, que se verán impulsadas e apoiadas para o seu desenvolvemento no marco do Consello de Cooperación Bibliotecaria.
  • Acordar a creación dos grupos de traballo que considere conveniente para cuestións referentes á tipoloxía de bibliotecas da que se ocupe cada Comisión.
  • Efectuar o seguimento dos grupos de traballo pertencentes a cada comisión.
  • Elevar, logo de acordo, á Comisión Permanente os resultados dos traballos e acordos adoptados polos grupos de traballo correspondentes.
  • Propoñer á Comisión Permanente a creación de grupos de traballo mixtos para elaborar ou desenvolver liñas de traballo de interese conxunto para os diferentes tipos
    de bibliotecas.
  • Propoñer á Comisión Permanente a elevación para a súa toma de consideración polo Pleno do Consello, todo tipo de propostas relacionadas coa tipoloxía de biblioteca á que se refire cada comisión.
  • Realizar seguimento dos convenios e plans que levan a cabo os Ministerios correspondentes e as Comunidades Autónomas en aspectos relacionados coas bibliotecas públicas

Documentos relacionados


Icono de conformidad con el Nivel Doble-A del W3C-WAI. Se abre en ventana nueva Titulares RSS disponibles

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte