Logo del Consejo de Cooperación Bibliotecaria

Consejo de Cooperación Bibliotecaria

Presentación do Consello de Cooperación Bibliotecaria

Constitución

Os días 11, 12 e 13 de marzo de 2008, con motivo da celebración en Xaca das XII Xornadas de Cooperación Bibliotecaria entre o Ministerio de Cultura e as Comunidades Autónomas, organizadas en colaboración polo Concello de Xaca, o Goberno de Aragón e o propio Ministerio, constituíronse e iniciaron a súa actividade os órganos do Consello de Cooperación Bibliotecaria.

Normativa

O Real Decreto 1573/2007, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Consello de Cooperación Bibliotecario (BOE do 1 de xaneiro de 2008); este regulamento é desenvolvemento da Lei 10/2007, do 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas, e foi consensuado por todas as administracións públicas titulares ou con competencias sobre bibliotecas.

Obxectivos

O regulamento confírelle ao Consello de Cooperación Bibliotecaria, entre outras, as seguintes funcións:

  • Promover a integración dos sistemas bibliotecarios de titularidade pública no Sistema Español de Bibliotecas.
  • Elaborar plans específicos para favorecer e promover o desenvolvemento e a mellora das condicións das bibliotecas e os seus servizos.
  • Promover e fomentar o intercambio e a formación profesional no ámbito bibliotecario.
  • Informar preceptivamente das disposicións legais e regulamentarias que afecten as bibliotecas españolas en conxunto.
  • Propoñer a posta en marcha de proxectos.
  • A preparación, estudo e desenvolvemento de todo tipo de actuacións relacionadas coas bibliotecas que lle encomenden as conferencias sectoriais de Cultura e de Educación e a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas.

Órganos

Conforme o regulamento, os órganos do Consello de Cooperación Bibliotecaria son catro:

  • O Pleno
  • A Comisión Permanente
  • As comisións técnicas de cooperación (CTC) :
    • A CTC de bibliotecas nacionais e rexionais
    • A CTC de bibliotecas públicas
    • A CTC de bibliotecas escolares, que será o órgano que para tal efecto se cree no marco da Conferencia Sectorial de Educación
    • A CTC de bibliotecas universitarias, REBIUN
    • A CTC de bibliotecas especializadas
  • Grupos de traballo

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A del W3C-WAI. Se abre en ventana nueva Titulares RSS disponibles

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte