Año Europeo
del Diálogo Intercultural 2008

Presentación. Ano Europeo do Diálogo intercultural 2008

No actual mundo globalizado o diálogo intercultural preséntase como ferramenta imprescindible para facer fronte á incomprensión entre culturas, configurándose como un dos medios máis eficaces para a prevención e solución de conflitos.

O crecente protagonismo que está a ter o diálogo intercultural en diferentes ámbitos, organizacións internacionais... estase a manifestar na creación de diferentes foros de encontro e entendemento intercultural, nos que España está xogando un papel moi activo, en liña coa iniciativa de Alianza de Civilizacións impulsado polo Presidente do Goberno en Nacións Unidas.

Dende o Ministerio de Cultura veuse impulsando o diálogo intercultural como proceso permanente, organizando para iso a Conferencia de Granada, Europa polo Diálogo intercultural o 27 e 28 de abril de 2006, cuxo resultado foi unha declaración de apoio á iniciativa da Comisión Europea de declarar 2008 Ano Europeo do Diálogo Intercultural, que finalmente se plasmou na Decisión 1983/2006 do Parlamento e do Consello aprobada o 16 de decembro de 2006.

Preténdese con este ano europeo sensibilizar os cidadáns, en especial os novos, sobre os retos que implica a aceptación do principio da diversidade cultural, aumentando a conciencia dos europeos na solidariedade, respecto e comprensión doutras culturas, convertendo así ao diálogo intercultural nun elemento transversal prioritario nas políticas comunitarias na medida en que permite establecer sinerxías con outras políticas comunitarias internas que buscan a cohesión social e con políticas comunitarias externas que tratan de mellorar as relacións e a cooperación con outras rexións.

O 31 de xaneiro de 2008 celebrouse en España o lanzamento oficial da Campaña, coa celebración dun acto institucional e de importantes eventos culturais de gran visibilidade que se desenvolveron en vinte capitais españolas.


Icono de conformidad con el Nivel Doble-A del W3C-WAI. Se abre en ventana nueva Titulares RSS disponibles

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte