Oficina subprograma Cultura

Europa Creativa Desk - Oficina Cultura

Que é

A instancias da Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea, estableceuse un servizo denominado Punto de Contacto Cultural, co obxecto de difundir información e prestar asesoramento aos operadores culturais susceptibles de ser beneficiarios das convocatorias de axudas do Programa Cultura.

Servizos

O Punto de Contacto Cultural de España facilita estes servizos -totalmente gratuítos- en persoa, telefonicamente e a través desta páxina web, onde se ofrece documentación (convocatorias, formulario, vademecum) e información relevante para o operador cultural interesado no Programa Cultura.

Busca de socios

Os contidos da páxina web do Punto de Contacto Cultural español inclúen un instrumento para a busca de socios: trátase dunha base interactiva cuxo obxectivo é que os operadores culturais dos distintos países poidan establecer con maior facilidade os contactos necesarios para presentar os seus proxectos. Esta ferramenta ofrece unha dobre posibilidade: a introdución de rexistros e a realización de buscas, e iso tanto de proxectos como de organizacións.

A base interactiva de busca de socios foi aceptada como propia pola totalidade de Puntos de Contacto Cultural existentes, o que lle garante unha dimensión e difusión europeas.

Contacto

O Punto de Contacto Cultural de España está situado no Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

O seu enderezo é o seguinte:


  • Punto de Contacto Cultural
    Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
    Secretaría de Estado de Cultura
    Plaza del Rey, n.° 1
    28004 MADRID
    Tel.: 917 017 115
    Fax: 917 017 219
    Correo electrónico: pcc.cultura@mcu.es



Icono de conformidad con el Nivel Doble-A del W3C-WAI. Se abre en ventana nueva Titulares RSS disponibles

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte