Servizos ao Cidadán Museos
Coleccións na Rede é o portal que pon a disposición dos cidadáns un espazo, libre e gratuíto, dedicado ás coleccións dos museos de España.
Ofrece acceso a contidos dixitais de museos estatais, pero tamén de museos doutras titularidades, así como de museos de distintos ámbitos temáticos e xeográficos, reunidos na Rede Dixital de Coleccións de Museos de España. Por outra parte, o portal é un punto de acceso a coleccións de museos de diferentes países de todo o mundo.
Coleccións na Rede, como espazo de difusión do coñecemento sobre os bens culturais dos museos, irase enriquecendo con novos contidos, catálogos en liña e outras publicacións e recursos.
© Ministerio de Cultura



