Lista de
Patrimonio Europeo

O Arquivo da Coroa de Aragón

O Arquivo da Coroa de Aragón

É un dos arquivos históricos máis importantes para a historia da antiga Coroa de Aragón (reinos, principados e ducados de Aragón, Cataluña, Valencia, Mallorca, Rosellón, Cerdaña, Sardeña, Sicilia, Nápoles, ademais dunha longa lista de señoríos por toda a ribeira mediterránea), de España e do Mediterráneo e a institución arquivística viva máis antiga de Europa.

Ademais, os fondos conservados no Arquivo documentan as relacións internacionais mantidas polos reis aragoneses practicamente con todos os estados e países do mundo coñecido en Europa na Idade Media, especialmente entre os séculos XIII e XVI.

En síntese, os territorios principais sobre os que pode atoparse documentación, ademais dos que conformaban a antiga Coroa de Aragón, son os que seguen (con referencia á denominación actual do estado ao que pertencen):

  • España: reinos de Castela, Navarra e Granada.
  • Italia: tanto os reinos integrados na Coroa de Aragón (Sardeña, Sicilia e Nápoles) como as antigas comunas estreitamente relacionadas cos reis aragoneses (Xénova, Pisa, Siena, Florencia, Milán, Venecia...)
  • Monarquías, principados e territorios europeos: Portugal, Francia, Inglaterra, Alemaña, países do Centro de Europa (República Checa, Eslovaquia, Hungría) e dos Balcáns (Croacia, Serbia, Albania), Grecia (antigos ducados de Atenas e Neopatria) e Turquía.
  • Reinos e emiratos musulmáns do Norte de África e Oriente Próximo: Marrocos, Alxeria, Tunisia, Libia, Exipto, Siria.

 

É, en definitiva, un centro de conservación e difusión do patrimonio documental. Ten carácter supraestatal e un forte contido europeo.



Icono de conformidad con el Nivel Doble-A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI. Este enlace abre una ventana nueva

© Ministerio de Cultura