Lista de
Patrimonio Europeo
Portada
Real Mosteiro de San Xerónimo de Iuste Situado nos contrafortes da serra de Gredos, na comarca natural de La Vera (Cáceres), o Mosteiro de Iuste conta cun rico patrimonio cultural de primeira orde e foi testemuño dos avatares da historia de España e Europa..
O Arquivo da Coroa de Aragón un dos arquivos históricos máis relevantes para o coñecemento da historia dos territorios da antiga Coroa de Aragón, de España e do Mediterráneo, ademais de ser a institución arquivística viva máis antiga de Europa..
A Residencia de EstudantesA Residencia de Estudantes (Madrid), dende a súa creación en 1910 ata 1936, ano en que a súa actividade se interrompeu polo estalido da guerra civil, foi o primeiro centro cultural de España e unha das experiencias máis vivas e frutíferas de creación e intercambio científico e artístico da Europa de entreguerras..
Cabo FisterraO que fixo deste cabo un emprazamento de singular relevancia é a súa situación xeográfica que fai que, dende aquí, todo o que alcanza a vista sexa mar, converténdose dende a Antigüidade no final do mundo coñecido, o punto máis occidental do Imperio Romano e da Vella Europa. .
© Ministerio de Cultura