Lista de
Patrimonio Europeo

Presentación

Presentación


Residencia de estudantes

A creación dunha Lista de Patrimonio Europeo é unha iniciativa destinada a impulsar a dimensión europea dos bens culturais, os monumentos, os enclaves naturais ou urbanos e os lugares que desempeñaron un papel esencial na historia común e no patrimonio europeos.

A través dela quérese fomentar a difusión, protección e preservación do rico patrimonio europeo, ao tempo que se subliña a importancia deste para un mellor coñecemento da historia do continente.

O patrimonio cultural é un dos elementos fundamentais da nosa identidade, e a Europa de hoxe é o froito do continuo intercambio e do diálogo que se veu producindo entre os distintos territorios ao longo dos séculos.

A iniciativa de crear unha Lista de Patrimonio Europeo foi lanzada en Granada en abril de 2006 polos Ministros de Cultura de Francia, Hungría e España no Encontro “Europa polo diálogo Intercultural”. Poucos días despois foi presentada no Consello de Ministros de Cultura da Unión Europea e incorporada á axenda europea.

Para o lanzamento deste programa elixiuse o mes de marzo de 2007 para facelo coincidir coa celebración do 50 aniversario da sinatura do Tratado de Roma, efeméride que se cumprirá o vindeiro día 25.

No futuro preténdese ir aumentando a lista con novas incorporacións e crear unha rede que englobe todos os lugares designados Patrimonio Europeo co fin de desenvolver actividades culturais de forma conxunta.


Icono de conformidad con el Nivel Doble-A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI. Este enlace abre una ventana nueva

© Ministerio de Cultura